A Xunta aproba o novo plan forestal que prevé unha redución do 5% do ecualipto en 2040

Contará cun investimento de 4.900 millóns de euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2021 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobou o decreto da primeira revisión do plan forestal de Galicia, que prevé unha redución do 5% das masas de eucalipto en 2040. En febreiro deste ano, o PPdeG quedou só no Parlamento na aprobación da revisión deste plan forestal, despois de non aceptar ningunha das propostas de resolución presentadas pola oposición, que demandaba a retirada do texto para refacelo de novo.

Agora, o Goberno galego deu luz verde a este novo plan forestal 2021-2040 que contará cun investimento de 4.900 millóns de euros. O plan forestal de 1992, que agora se revisa, prevía que en 2030 habería en Galicia unhas 245.000 hectáreas de eucaliptos. Unha cifra moi excedida xa na actualidade --eran máis de 420.000 hectáreas no inventario de 2018--. Previa a esta aprobación, este ano entrou en vigor a lei de recuperación de terra que inclúe a suspensión de novas plantacións de eucalipto ata 2025.

AUMENTO DE FRONDOSAS

O 97% da superficie forestal galega é de carácter privado, con 1,4 millóns de hectáreas pertencentes a particulares e máis de 660.000 hectáreas de comunidades de montes veciñais. Hai máis de 450.000 propietarios particulares e 3.072 comunidades de montes. O plan forestal ata 2040 ten seis eixos que contan con 51 medidas. Prevé un investimento de 4.900 millóns de euros ata o ano 2040 --uns 4.000 millóns deles son públicos--. Así, fíxase como obxectivo alcanzar as 425.000 hectáreas ocupadas por frondosas autóctonas.

O plan da Xunta é eliminar en 2040 o 5% das máis de 420.000 hectáreas de eucaliptos actuais, de forma que 20.000 se convertan en masas doutras árbores. Entre outras metas, márcase que 850.000 hectáreas estean baixo instrumentos de ordenación e xestión, cunhas 650.000 hectáreas que contarán con certificación forestal.

Paralelamente, a Consellería de Medio Rural prevé ter lista na primeira metade de lexislatura dunha nova lexislación en materia de prevención de incendios, no marco dun proceso participativo.

Arquivo - Arboles de eucaliptos. ENCE - Arquivo
Arquivo - Arboles de eucaliptos. ENCE - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta