O "gran factor diferenciador competitivo" de Ourense é o termalismo de saúde e a cultura termal

"Convertémonos nun novo exemplo de colaboración público-privada para transformar a Ourense no lugar máis indicado para coidar do ben máis prezado que nos deixo a pandemia: a saúde", declarou o presidente da Deputación, Manuel Baltar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2021 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou este xoves o termalismo de saúde e a cultura termal como o "gran factor diferenciador e competitivo" da provincia. Baltar presidiu este xoves no antigo balneario de Cortegada a firma do convenio de colaboración cos representantes dos sete establecementos que participan no programa de termalismo saudable e cultural, e que o vindeiro luns, día 11, empezarán a recibir aos primeiros usuarios nunha iniciativa que, en só dous días, recibiu solicitudes procedentes de ata seis comunidades autónomas.

Xunto a Manuel Baltar, no documento selaron a súa firma os representantes dos balnearios que participan no programa: Javier Soto por parte de Arnoia, Laias e Lobios; Cristina Álvarez por Cortegada; Manuel Fernández por Baños de Molgas; Carlos Garriga de Caldas de Partovia; e José María da Figuera polo Carballiño. Ao acto, ademais, asistiron os alcaldes de Cortegada, Avelino de Francisco, e de Arnoia, Rodrigo Aparicio, ademais do responsable delárea de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira.

"Hoxe damos continuidade a un programa perfectamente deseñado para dar visibilidade ao gran factor diferenciador e competitivo de Ourense, como é o termalismo de saúde e a cultura termal", dixo o presidente provincial, que puxo como exemplo o interese espertado entre usuarios doutras comunidades autónomas.

No territorio con maior potencial de Europa, engadiu, "convertémonos nun novo exemplo de colaboración público-privada para transformar a Ourense no lugar máis indicado para coidar do ben máis prezado que nos deixo a pandemia: a saúde".

Manuel Baltar destacou o futuro escenario que se abre na provincia con novos elementos tractores, entre os que citou a chegada do AVE a Ourense con todos os beneficios e oportunidades que xerará contar cun aeroporto terrestre, e a incorporación á oferta termal do balneario de Berán. Ademais, destacou o traballo para situar internacionalmente Ourense a través da presidencia da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA), na que están representados 51 sitios termais de 18 nacións europeas.

En nome dos asinantes ,o conselleiro delegado do grupo Caldaria, Javier Soto, cualificou este programa como unha das accións máis importantes para o sector das realizadas nos últimos 15 anos, colocando de novo ao termalismo ourensán no mercado nacional e potenciando ao mesmo tempo o carácter especial como destino de turismo de saúde. Mentres programas impulsados por outras administracións permanecen paralizados, destacou, "a Deputación de Ourense aposta por unha iniciativa exclusiva e especial pola que esperan clientes de toda España".

Firma do convenio de termalismo. DEPUTACIÓN DE OURENSE
Firma do convenio de termalismo. DEPUTACIÓN DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta