A Deputación de Pontevedra ve "insuficiente" a proposta da Xunta para os GES no Grove "tras catro anos de bloqueo"

Ante estas circunstancias, a institución provincial acudirá "cunha proposta alternativa máis funcional, racional, rigorosa e equilibrada para axudar a cubrir o mapa das emerxencias da provincia e tratando a todos os territorios con equidade".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2021 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra ve "absolutamente insuficiente o paso dado pola Xunta anunciando a creación dunha subsede no Concello do Grove", en relación cos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).

Respecto diso, o deputado Carlos Font apunta que en 2017 a Deputación presentou unha proposta para integrar no sistema dos GES ao grupo do consistorio arousán, "proposta que sempre tivo unha negativa rotunda por parte do Goberno galego".

"Agora falan dunha subsede, o que, ademais de insuficiente, sería unha decisión discriminatoria co Grove e profundamente contraditoria coa remodelación anunciada pola Xunta para converter en sedes todas as subsedes, tanto as xa existentes como as aprobadas e aínda pendentes de entrada en servizo", critica.

Ante estas circunstancias, avanza que a institución provincial acudirá "cunha proposta alternativa máis funcional, racional, rigorosa e equilibrada para axudar a cubrir o mapa das emerxencias da provincia e tratando a todos os territorios con equidade".

Carlos López Font
Carlos López Font | Fonte: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta