Pontevedra busca converterse en capital internacional da loita nunha viaxe que o Concello califica de "histórica"

O concelleiro de Deportes Tino Fernández visita Serbia para recoller a testemuña de Belgrado do Campionato do Mundo sub-23 e defender a candidatura de Pontevedra para albergar diferentes eventos.

Por Galicia Confidencial | PONTEVEDRA | 01/11/2021 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

Unha delegación do Concello de Pontevedra, encabezada polo tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, parte hoxe rumbo a Serbia para recoller a testemuña de Belgrado na organización do Campionato do Mundo sub-23 de Loita, que se celebra na urbe balcánica entre os días 1 e 7 de novembro e que Pontevedra acollerá en outubro de 2022 para converterse en capital internacional da loita.

O concelleiro Tino Fernández visita ao comisario
O concelleiro Tino Fernández visita ao comisario | Fonte: Concello de Pontevedra

O edil socialista, que acude como parte do comité organizador pontevedrés e que estará acompañado por un técnico do Servizo Municipal de Deportes, pretende arroupar así institucionalmente á Federación Galega de Loita e á Federación Española de Luchas Olímpicas nunha viaxe que califica como “histórica para Pontevedra e para o deporte galego e español".

Así, a chegada do comité organizar español a Serbia coincidirá tamén coa Asamblea da Federación Internacional (a United World Wrestling), onde se valorarán as candidaturas dos países para albergar os diferentes eventos continentais e mundiais para os anos 2023 e 2024, entre elas as de Pontevedra.

O concelleiro Tino Fernández destaca que, ademais da importancia que supón que  Pontevedra asuma oficialmente o primeiro evento deste nivel, a cita  "pode ser aínda máis se logramos que a United World Wrestling (UWW) se convenza das nosas capacidades e inmellorables instalacións para albergar tamén o Campionato de Europa Cadete en 2023 e o Campionato do Mundo Júnior en 2024 e, por que non, sendo incluso máis ambiciosos, algunha outra competición internacional en 2025”.

Segundo sinala Tino Fernández, a visita do comité organizador de Pontevedra 2022 durante a celebración do Mundial U23 de Belgrado “permitirá revisar sobre o terreo as características e necesidades da organización, co obxectivo de optimizar a experiencia dos deportistas que visiten a nosa cidade o ano que vén”.

.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta