Pontevedra acollerá o campionato do mundo de loita por sumisión junior e cadete no ano 2022

Tamén vai a organizar o Campionato de Europa Cadete de Loitas en 2023 e o Campionato do Mundo Júnior de Loitas en 2024

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2021 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

Pontevedra acollerá no próximo ano o Campionato do Mundo de Grappling nas categorías Júnior e Cadete, unha modalidade que consiste en derrotar ao teu rival utilizando técnicas de sumisión para conseguir puntos ou provocar a súa rendición.

A delegación pontevedresa no Belexpocentar de Belgrado
A delegación pontevedresa no Belexpocentar de Belgrado

 

Este martes tivo lugar no Belexpocentar de Belgrado unha reunión onde estaban os membros do comité organizador do Campionato do Mundo de Loitas Olímpicas cos membros da delegación do comité organizador de Pontevedra.

 

Esta asamblea deixou grandes noticias para Pontevedra xa que se proclamou como sede para o próximo Campionato Mundial de Loita Junior e Cadete. Na capital serbia, a delegación de Pontevedra estaba presidida polo tenente alcalde de Pontevedra Agustín Fernández, acompañado do concelleiro de Deportes Tino Fernández; polos presidentes das Federacións Españolas e Galegas de Loita, Francisco Javier Iglesias e José Luís Olazábal, respectivamente. 

Representantes do Concello de Pontevedra e deportistas no Belexpocentar de Belgrado polos membros do comité organizador do Campionato do Mundo de Loitas Olímpicas sub-23
Representantes do Concello de Pontevedra e deportistas no Belexpocentar de Belgrado polos membros do comité organizador do Campionato do Mundo de Loitas Olímpicas sub-23 | Fonte: Remitida

 

A delegación pontevedresa en Belgrado completouna o entrenador Alexander Kachelaev; o director técnico da Federación Galega, Pablo Pintos; e un técnico do Servizo Municipal de Deportes, David Pérez Araújo

 

IMPULSO PARA A CIDADE

 

A organización deste tipo de competicións supón un gran impulso para Pontevedra e un gran esforzo organizativo, un traballo no que Pontevedra goza de anos de experiencia e que xogou un papel fundamental á hora de conseguir o apoio dos membros da Federación Internacional de Loita (United World Wrestling)

 

Ademais a cidade do Lérez asegurouse varios acontecementos para os próximos anos. Entre eles destacan o Campionato de Europa Cadete de Loita en 2023, o Campionato do Mundo Júnior en 2024 e comezaron a dar os primeiros pasos e presentar a súa candidatura para o Europeo Sénior e o Mundial do ano 2025 .

 

VISITA AZERBAIYÁN

 

Durante as reunións deste martes o presidente da Federación de Azerbaiyán, Namig Aliyev invitou a Agustín Fernández para que a delegación da cidade do Lérez visite este país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta