O xulgado toma declaración a varias testemuñas do asasinato de Samuel Luiz

Por E.P. | A Coruña | 09/11/2021 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

O xulgado de instrución número 8 da Coruña tomou declaración este martes a cinco testemuñas en relación co crime que se cobrou a vida do mozo Samuel Luiz o pasado 3 de xullo no paseo marítimo da Coruña.

A nova acusada do asasinato de Samuel Luiz á súa chegada aos xulgados da Coruña co seu avogado
A nova acusada do asasinato de Samuel Luiz á súa chegada aos xulgados da Coruña co seu avogado | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

Entre os citados atópanse supostas testemuñas que presenciaron o suceso e outras persoas que tiveron algún tipo de relación cos investigados o día en que se rexistraron os feitos.

As declaracións ante o xuíz prolongáronse durante máis de sete horas, polo que outras cinco previstas tamén para esta mesma xornada pospuxéronse ata o próximo mes de decembro.

Dúas destas cinco persoas que acudiron este martes, precisamente os que supostamente presenciaron o crime, xa prestaran declaración con anterioridade. As tres persoas restantes acudiron para testificar ante o xuíz sobre aspectos puntuais da investigación.

O caso que investiga a brutal agresión que acabou coa vida de Samuel Luiz céntrase actualmente en dous menores e cinco adultos investigados pola morte do novo, dos que tres se atopan en prisión provisional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta