Unha app móbil para recuperar os xogos tradicionais de Galicia

O CCG lanza un plataforma para que pais, nais e profesores poidan incorporar o xogos tradicionais galegos a fogares e aulas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Os xogos tradicionais galegos volven dar o asalto á web para achegar ás pantallas de todos e, se hai sorte, tamén ás casas, unha realidade que non hai moito era cotiá pero que o pasar das décadas foi esfarelando. “Do puño puñete á petanca, pasando pola chave, a cadeira de raíña...” eses son algúns dos xogos populares que agora o Consello da Cultura Galega se propón recuperar botando man da web.  

Smartphone, móbil. GOBERNO DE ARAGÓN - Arquivo
Smartphone, móbil. GOBERNO DE ARAGÓN - Arquivo

A iniciativa chega froito do traballo conxunto entre o CCG e o Observatorio do Patrimonio Lúdico galego, que segundo destaca a primeira das institucións “traballaron man a man nun proxecto que buscaba aproveitar as novas tecnoloxías para difundir os xogos tradicionais”.  O resultado é “Xogos tradicionais” unha web e unha APP (dispoñible para Android e Apple) na que se garda información de medio centenar de xogos que se poñen a disposición da cidadanía. Dende o Consello da Cultura asevera que escolleron este 11/11 --día do San Martiño” en honra ao refraneiro popular, que reza que “polo San Martiño peóns ao camiño”, en sinal do comezo da temporada de brinquedo. 

Dende o CCG engaden que o proxecto non é un catálogo, "senón que está pensado para que os xogos poidan ser recuperados e usados". Así é que vén concibido como un apoio para nais, pais e docentes que queren incorporar os ancestrais xogos da nosa cultura ao acervo familiar, para que poidan consultala con facilidade en interior e en exterior, no rural e no urbano.

"Pero tamén", engaden, "para calquera persoa, de calquera idade, que queira xogar. Outra das características do proxecto é que os xogos non están descritos, senón que se ofrece unhas mínimas indicacións para entender a esencia do xogo e unha serie de ilustracións que serven para explicar o xogo e que axudan máis que as propias fotografías", para que cada quen queira desenvolver a xogo como mellor considere. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta