Política Social destaca a importancia de "visibilizar e concienciar" sobre o Dano Cerebral Adquirido

Hoxe tivo lugar a Xornada Anual sobre o Dano Cerebral Adquirido .

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2021 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou este sábado na Xornada Anual sobre o Dano Cerebral Adquirido (DCA), onde ademais se entregou á Sociedade Galega de Rehabilitación e Medicina Física o noveno Premio FEGADACE - Miguel Branco.

O representante do departamento autonómico destacou os actos que "brindan a oportunidade de visibilizar e concienciar sobre a prevención das principais causas do DCA" pero, sobre todo, "de reflexionar sobre esta cuestión".

Ao encontro asistiron especialistas dos ámbitos dos dereitos e a discapacidade para analizar, entre outros temas, os efectos do dano cerebral nunha charla titulada 'O impacto nas persoas e familias con dano cerebral adquirido da reforma lexislativa que modifica a capacidade xurídica e de obrar das persoas con discapacidade'.

Ademais, entregouse o noveno Premio Fegadace-Miguel Branco, que este ano foi para a Sociedade Galega de Rehabilitación e Medicina Física (SOGARMEF), unha entidade científica de carácter profesional implantada en Galicia que "contribúe a mellorar a información e a formación dos profesionais implicados na atención ao dano cerebral".

O dano cerebral adquirido afecta xa a máis de 20.000 galegos
O dano cerebral adquirido afecta xa a máis de 20.000 galegos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta