Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2021 | Actualizada ás 15:00
A titular da praza de Pediatría do centro de saúde da localidade pontevedresa de Vila de Cruces, pertencente á Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, tomará posesión este venres, que terá 400 nenos con cartón sanitario na zona. Segundo informou a área Sanitaria de Santiago e Barbanza nun comunicado, tras terminar o concurso de traslados, a pediatra tomará posesión este venres, 3 de decembro, da praza do centro de saúde de Vila de Cruces. Por iso, a partir deste 3 de decembro esta profesional de Pediatría atenderá aos nenos con cartón sanitario neste municipio en horario completo, todo "en quenda de mañá".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.