A Xunta "non se oporá" a limitar as reunións nas festas de Nadal

Así o vén de apuntar Comesaña despois de que Fernando Simón pedira límites ás reunións de Nadal pola variante ómicron.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2021 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

O Pleno do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), que integra ao Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas, celebrará este xoves en Córdoba a súa segunda reunión presencial desde o inicio da pandemia de COVID-19, para abordar, entre outros aspectos, a aparición da variante ómicron e a aprobación das novas estratexias de Saúde Dixital e Saúde Mental.

Segundo consta na Orde do Día, ao que tivo acceso Europa Press, a ministra de Sanidade, Carolina Darias, e os conselleiros autonómicos debaterán sobre a actual situación epidemiolóxica da pandemia, no medio dunha alza de contaxios que elevou xa a incidencia acumulada a 14 días por 100.000 habitantes por encima de 200.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado polo secretario xeral técnico, Alberto Fontes Losada, e o xerente do Sergas, José Flores Arias
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado polo secretario xeral técnico, Alberto Fontes Losada, e o xerente do Sergas, José Flores Arias | Fonte: CONCHI PAZ - XUNTA.

LÍMITES NO NADAL

Así mesmo, o Ministerio de Sanidade, a través dun documento do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias (CCAES) que dirixe o doutor Fernando Simón, recomendou establecer límites no número de participantes en eventos sociais e públicos, "especialmente durante as celebracións das festas do Nadal", "debido ao contexto epidemiolóxico actual" e a "as incertezas asociadas á variante ómicron", ademais "dunha posible diminución da efectividade vacunal co tempo".

Na mesma xornada conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, apuntou que Galicia "non se vai a opor" á recomendación que o Ministerio de Sanidade xa deu como pauta para as festas de Nadal e que se fundamenta en limitar eventos sociais. Neste sentido, lembra as medidas que xa se puxeron en marcha no territorio galego hai unha semana, como é a redución de comensais en hostalaría e a petición de certificado covid, que por agora se manteñen como estratexia en próximos días para conter o virus, xunto a outras medidas.

Polo momento, a posibilidade de incorporar medidas máis restritivas está no aire, ás portas da ponte da Constitución, xa que hai que ter en conta que as actuacións que limiten as restricións requiren a autorización do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), como a incorporación do certificado covid a outros ámbitos.

No entanto, Comesaña recoñeceu que o subcomité clínico ten encima da mesa desde o venres pasado varias posibilidades de extensión de petición do certificado covid, as cales non concretou, aínda que poderían abarcar sectores como o cultural ou deportivo. Este venres, como fai semanalmente, reunirase este grupo que trata especificamente os brotes, sen que polo momento estea prevista a reunión do comité clínico, que deixou de facelo co levantamento da alerta sanitaria en Galicia.

"TRANQUILIDADE" ANTE A ÓMICRON

Mentres tanto, o Goberno insistiu na necesidade de lanzar unha "mensaxe de tranquilidade" ante o avance do virus e a chegada de ómicron a España, da que xa se rexistraron catro casos confirmados. Onte, en rolda de prensa tras o Consello de Ministros, a portavoz do Executivo, Isabel Rodríguez, realizou tamén un chamamento a que os cidadáns españois manteñan unha "responsabilidade exemplar agora que chega unha ponte". "Gustaríame dirixirme a todos os españois que demostraron unha auténtica responsabilidade neste procedemento. É moi importante que sigamos mantendo as medidas: máscara, ventilación, hixiene... Se seguimos con vacinación e prevención estaremos en disposición de abordar coa maior normalidade posible o Nadal", indicou.

Neste sentido, durante o CISNS tamén se vai a abordar a situación actual da vacinación contra a COVID-19, que está centrada nestes momentos nas terceiras doses para persoas con condición de alto risco, persoas que viven en residencias, persoas maiores de 70 ano e as doses de reforzo para aquelas persoas que só recibiron a vacina monodose de Janssen. Mentres tanto, tal e como anunciou onte Darias, espérase que as vacinas para menores de 12 anos cheguen a España na segunda quincena de decembro, para poder comezar coa vacinación neste grupo de idade, que conta coa maior incidencia de casos, 342.


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta