Por X.M. Fernández | Verín | 03/12/2021 | Actualizada ás 09:00
A Eurocidade Chaves-Verín, AECT como membro da Asociación Europea de Cidades Termais Históricas (siglas en inglés: EHTTA) recibiu a pasada semana a visita da Dra. Cristina Farinha da Universidade do Porto, sendo designada para avaliar o Roteiro Termal e da auga Verín-Chaves-Vidago no ámbito do Itinerario Cultural Europeo do Consello de Europa que integran as cidades con Herdanza Termal en Europa, representadas pola EHTTA.
A Dra. Cristina Farinha estivo acompañada pola Directora Executiva da EHTTA, Simone Zagrodnik e o Presidente do Comité Científico da EHTTA, Mario Crecente. Por parte da Eurocidade Chaves-Verín, AECT estivo presente tamén o Delegado por Verín, Diego Lourenzo, e o equipo técnico da entidade transfronteiriza.
Respecto ás visitas, achegáronse a Vidago para coñecer o patrimonio do Vidago Palace, o Posto de turismo e por último, o Balneario Pedagóxico de Vidago. Así mesmo, achegáronse a Chaves e Verín onde visitaron os principais puntos termais e históricos do territorio: as Termas de Chaves, O Museo Claustro Mercedario de Verín, Caldeliñas e Cabreiroá.
No transcurso da visita, a delegación devandita reuniuse cos diferentes responsables das instalacións termais e turísticas da Eurocidade.
A visita serviu para amosar o gran valor do complexo patrimonial termal da Eurocidade e a súa importancia como Itinerario Cultural Europeo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.