A CIG realiza a súa marcha da dignidade en Ferrolterra

Preto de 300 persoas percorreron a distancia que separa Narón e Ferrol en apoio a unha ILP da central sindical.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 26/03/2014 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

Preto de 300 persoas realizaron este mércores unha camiñada de dez quilómetros entre Narón e Ferrol en apoio da creación de postos de traballo na comarca.

Acto da CIG en Ferrol durante o Día da Clase Obreira Galega
Acto da CIG en Ferrol durante o Día da Clase Obreira Galega | Fonte: ferrol360

Esta pequena marcha responde a unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) da central nacionalista nunha comarca onde a CIG asegura que ten 8.500 afiliados e delegados sindicais e que rexistra a taxa de paro máis elevada da comunidade, cun 32%, de acordo aos últimos datos publicados.

Na camiñada participou o alcalde de Narón, José Manuel Branco, de Terra Galega, e o concelleiro Guillermo Fojo, entre outros. Algúns manifestantes acudiron cos monos de traballo das súas empresas, chalecos reflectores e lanzáronse algúns petardos illados entre cánticos, consignas e bandeirolas do sindicato.

Esta marcha, explicaron os coportavoces do sindicato na comarca, Manuel Grandal e Xesús Pintos, convocouse en respaldo da ILP da CIG que propón un centenar de medidas para xerar postos de traballo en Galicia e que será rexistrada o próximo 2 de abril.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

1 Outro fracaso

Na marcha a Madrid había ben xente da CIG de Ferrolterra, e iso que a organización sindical CIG non quixo participar. Na marcha da CIG de hoxe non máis de 50 persoas. A ver se a CIG vai tomando nota e se apea da burra e do seu amo BNG-UPG.

1 Un sa CIG

Pois nada chaval, xa tendes á CUT para canalizar o sindicalismo ese que tanto ansiades. Outros non o vemos así.

2 Abraira

Hai que seguir os mandados de NOS-UPG e do Movemento pola Base de Cotización. Cantos delegados sindicais e liberados ten a CIG en Ferrol? Cantos foron a esa marcha?