A UDC súmase á alianza de Deputación e Concello para impulsar un centro de tranformación dixital na Coruña

Por E.P. | A Coruña | 03/12/2021 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

A Universidade da Coruña (UDC) sumouse á alianza do Concello e a Deputación para impulsar a creación na cidade dun centro nacional de referencia no ámbito das Tecnoloxías de Información e das Comunicacións (TIC) para a transformación dixital da administración local.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor da UDC, Julio Abalde, asinan un convenio de colaboración
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor da UDC, Julio Abalde, asinan un convenio de colaboración | Fonte: Deputación da Coruña.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o reitor da UDC, Julio Albalde, asinaron este venres, na sede da institución provincial, unha adenda ao protocolo asinado o pasado mes de maio entre Deputación e Concello para colaborar na planificación e deseño da creación deste centro.

O proxecto será presentado pola Deputación e o Concello á convocatoria de fondos 'Next Generation' da Unión Europea para a obtención de financiamento.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, destacou a importancia de "unir esforzos para avanzar na transformación dixital da administración local" e explicou que unha das liñas de traballo para a creación desta nova infraestrutura é avaliar a súa posible integración na Cidade do TIC da Coruña.

Pola súa banda, o reitor, Julio Abalde, manifestou que "a dixitalización do sector empresarial e industrial é imprescindible, como se evidenciou coa pandemia, e a UDC conta co coñecemento necesario para axudar a que se faga posible esta transformación dixital".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta