Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/03/2014 | Actualizada ás 18:31
Que se entende por regalo "de cortesía institucional"?. Unha botellas de viño ou unhas taciñas de café?. Precisamente, iso será o que a Xunta tente regular a través dun novo código ético do que o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, falou hai unha semana.
Desta volta, e preguntado por GC sobre se el ten aceptado regalos como representante público, Feijóo quixo aclarar que, precisamente ese código tentará regular o que se entende por "atencións protocolarias e de cortesía".
"Onte -- polo mércores-- nunha cea co alcalde de Porto regaloume catro taciñas de café de Porto e iso está a disposición do despacho da Xunta de Galicia. Entendo que ese é un regalo de cortesía que o presidente da Xunta ten que aceptar, simplemente, porque é unha cortesía coa autoridade que llo confire", especificou.
En todo, caso, insistiu que a norma que pretende aprobar pretende solucionar un "vacío legal" sobre o que se entende por cortesía institucional e que, cando entre en vigor, os regalos estarán prohibidos na Administración galega.
"Teño comprometido a miña palabra de prensentar un código ético. O primeiro código ético da Administración autonojica durante 30 anos para solucionar eivas legais e o que se pode e non facer e, nese código ético, estará prohibido a aceptación de regalos para altos cargos e quedará perfectamente regulado o que se entende por atencións protocolarias e de cortesía", concluíu.
Precisamente, no marco da Operación Pokemon descubriuse que son moitos os cargos institucionais dos principais partidos políticos galegos que teñen recibido regalos, desde reloxos marca Rólex ou bolsos e prendas das esclusivas Prada ou Gucci, ata viños, capóns ou doces como recibiu a ex presidenta da comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.