O quilo de ameixa alcanza os 70 euros e a nécora sobe aos 30 a uns días do Nadal

Os mariscadores móstranse "satisfeitos" pola evolución dos prezos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2021 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e patrón maior de Burela, Basilio Otero, móstrase "satisfeito" con como avanza a campaña de marisco de cara ao Nadal. Tanto é así que se manifesta "sorprendido" polos prezos que se deron para algúns moluscos, entre os que destaca "os 70 euros nalgunha ameixa", mentres que pola nécora "estaba a pagarse a 30 euros" o quilo.

No tocante á centolla, que se empezou a pescar o 28 de novembro, "houbo xa prezos moi bos e xa en decembro parece que van a máis". Explica que o ano pasado "os prezos acompañaron bastante ben", "pero este ano xa os prezos están a acompañar desde hai máis de 20 días". "Houbo prezos moi bos en mariscos en novembro e esperamos que se manteñan esta semana e, sobre todo, o luns e o martes da próxima semana", agrega.

RECORTE DE PESCADA

No tocante ao recorte do 8% nas capturas de pescada para 2022 acordado polos ministros da UE esta semana, o presidente da Federación Nacional de Confrarías queixouse que "non é só" o 8% para o próximo ano, "senón que é o acumulado desde fai oito anos". Así, Basilio Otero lembrou que en 2014 se determinou unha cota de 10.400 toneladas de pescada, que se verán reducidas a partir de 2022 a 4.800 toneladas. "É preocupante para certas frotas moi dependentes desta especie, como volante ou palangre de fondo, e tamén xente que se dedica a artes menores", concluíu.

Marisco. Xunta de Galicia
Marisco. Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta