O PSdeG pide "protección" fronte á ciberdelincuencia e a Xunta sinala que as competencias son do Goberno central

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/12/2021 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

O PSdeG pide "medidas para protexer á cidadanía" fronte ao aumento da ciberdelincuencia, ao que a Xunta responde que as competencias neste ámbito son do Goberno central.

Intervidos en Gondomar (Pontevedra) uns 200 exemplares de plantas exóticas, á venda en Internet
Intervidos en Gondomar (Pontevedra) uns 200 exemplares de plantas exóticas, á venda en Internet | Fonte: GARDA CIVIL

Foi no pleno do Parlamento onde a deputada socialista Paloma Castro preguntou ao conselleiro de Facenda por este ámbito. Ante as súas palabras, reprochoulle que bote "sempre balóns fóra".

Pola súa banda, o titular de Facenda, Miguel Corgos, afirmou compartir a "preocupación" ante o incremento destes delitos, por canto supón de ameaza ao dereito da intimidade das persoas.

No entanto, "as competencias non son da Xunta, senón do Goberno central, que dispón dos recursos e os medios para levar a cabo medidas" neste campo, dixo.

Pola súa banda, Castro replicou que o seu grupo non lle pide ao Executivo galego que loite contra a ciberdelincuencia, "senón articular campañas informativas", entre outras actuacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta