A información pública a inclusión de tres exemplares no catálogo de árbores singulares

Trátase dun eucalipto azul, unha maceira e unha sobreira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2021 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

A Xunta someterá a información pública a posible inclusión no catálogo de árbores singulares dun eucalipto azul en Poio e dunha maceira e unha sobreira en Boiro. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará este venres o anuncio polo que se inicia este proceso de valoración para determinar se os tres exemplares propostos teñen unhas características "excepcionais" que os fagan merecedores dunha protección especial.

No caso do eucalipto azul ('Eucalyptus globulus'), a solicitude presentada por un particular de Poio está baseada na peculiaridade do seu perímetro que, segundo a documentación remitida á consellería, é de 3,50 metros.

O Concello de Boiro remitiu unha solicitude para a inclusión no catálogo dunha 'Maclura pomifera', cuxa singularidade se basea na rareza desta especie, que mide 13,5 metros de altura e ten un perímetro de 1,8 metros; e para unha sobreira ('Quercus suber'), que se incluiría tendo en conta o porte do exemplar, 18 metros de altura e un perímetro de case 3,8 metros. Os dous están no Pazo de Goiáns.

Na actualidade, o catálogo está formado por un total de 181 elementos --143 árbores e 38 formacións-- pertencentes a 80 especies diferentes.

A Xunta someterá a informaciión pública a inclusión no catálogo de árbores singulares deste alcornoque. XUNTA
A Xunta someterá a informaciión pública a inclusión no catálogo de árbores singulares deste alcornoque. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 BeneB

Existe "Alcornoque" en galego, eu coñezo Sobreira, para min ese é o nome das árbores da cortiza