Betanzos suspende a cabalgata de Reis Magos e organizará unha recepción no polideportivo do Carregal

Así o anunciou a alcaldesa, María Barral, despois de valorar xunto aos técnicos municipais a situación polo contexto de pandemia e a incidencia de contaxios.

Por E.P. | A CORUÑA | 28/12/2021 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

O Concello de Betanzos optou, ante a situación sanitaria, por organizar a recepción dos Reis Meigos nas pistas polideportivas cubertas do Carregal en lugar de celebrar a cabalgata, segundo informa. Así o anunciou a alcaldesa, María Barral, despois de valorar xunto aos técnicos municipais a situación polo contexto de pandemia e a incidencia de contagios.

"O risco que supón as aglomeracións de persoas durante o paso das carrozas pola situación da pandemia fai que reformulásemos a programación que tiñamos organizada da cabalgata", indicou a alcaldesa.

O goberno local considera que a pista polideportiva onde terá lugar a recepción aos Reis Meigos é "un espazo aberto no que se poderá manter a distancia de seguridade e no que os máis pequenos, acompañados de adultos, poderán saudar e entregar na caixa de correos real as cartas".

Por outra banda, dada a situación sanitaria, tamén acaba de suspender a San Silvestre prevista para o día 31, na que había inscritas máis de 500 persoas, ademais dunha viaxe a Vigo que tiña organizado a Concellaría de Mocidade e o concerto da orquestra Gaos, debido á situación sanitaria de varios dos seus membros.

María Barral, alcaldesa de Betanzos
María Barral, alcaldesa de Betanzos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta