Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/12/2021 | Actualizada ás 15:14
O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil rastrexou os montes das comarcas coruñesas do Barbanza e As Mariñas en busca de cebos envelenados. A investigación iniciouse tras a desaparición de exemplares de lobos aos que se lles estaba facendo un seguimento.
No dispositivo tamén participaron o Grupo Cinolóxico da Guardia Civil de Madrid e o Servizo de Patrimonio Natural da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
O Seprona realizaba este seguimento co obxectivo de estudar o seu comportamiento, coincidindo con ataques a gando mostrenco posiblemente de canidos e a interposición de varias denuncias por algúns cazadores comunicando a morte de varios dos seus cans mentres os adestraban nesas zonas.
Os efectivos da Garda Civil procederon ao rastrexo dos montes ante a sospeita de que alguén deixase restos de comida impregnada con substancias tóxicas, con obxecto de controlar os danos sufridos en explotacións agropecuarias e o consecuente prexuízo para a fauna tanto silvestre como doméstica.
Os cadáveres dos cans foron enviados ao laboratorio de referencia para a súa análise e identificación das sustancias que lles causaron a morte. A Garda Civil mantén a investigación aberta á espera da identificación e localización do autor ou autores da diseminación dos cebos envelenados no medio ambiente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.