A esquerda española das promesas esquecidas

O ano 2022 comeza cos primeiros Orzamentos estatais aprobados dende 2018, cunha lixeira modificación da lexislación laboral xa vixente e cunha nova normativa que permite aos empregados públicos interinos con máiis de cinco anos de antiguidade consolidar o seu emprego só a medio da avaliación dos méritos. Velaí a fachenda do Presidente do Goberno do Estado no seu discurso desta fin de ano.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 02/01/2022

Comparte esta noticia
Certo é que a solución para o emprego interino foi imposta pola xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da UE e pola decisión do PNV e ERC, que definiu unha resposta lexislativa que o antigo ministro Iceta rexeitaba. E certo é que as moi limitadas-malia que positivas-reformas da lexislación laboral manteñen o núcleo esencial da reforma de Rajoy de 2012, ademáis de centralizar a negociación colectiva a nível estatal, impedindo que os convenios galegos  melloren as condicións laborais. Velaí a oposición a esta reforma do soberanismo e sindicalismo galego, catalán e vasco. Cando a CIG é o principal sindicato en votos e delegados no noso País.  
 
Despois de dous anos de goberno de coalición estatal PSOE-UP e de máis de tres anos e medio de Gobernos Sánchez a esquerda española non foi quén de derrogar a chamada “lei mordaza” nin de reformar o Código Penal para suprimir delictos que xa non existen na Europa, como as inxurias ao Rei ou a sedición que permitiu as desaqueladas condenas do Tribunal Supremo de 2019 ás persoas presas políticas catalás ou para suprimir unha prisión permanente que é incompatíbel cos principios de resinserción que alicerxsan as lexislacións penais das democracias europeas. Tampouco cumpriu a súa promesa dunha reforma da lei educativa que lle devolvese aos Gobernos autonómicos a responsabilidade a respecto dos contidos educativos, nomeadamente nas nacións con lingua propia.
 
Pedro Sánchez conta xa coas ferramentas parlamentarias para agardar os menos de dous anos que fican de lexislatura e que en moi boa parte llelas deron de balde ERC e EH Bildu. Desaproveitouse e séguese a desaproveitar a capacidade de transformación normativa e da gobernanza da coalición parlamentaria que fixo posíbel en xaneiro de 2020 a investidura de Pedro Sánchez, mentres éste e Yolanda Díaz impoñen unha axenda lexislativa moito máis próxima á continuidade monárquica da transición ca á transformación pola que votou a maioría en novembro de 2019.
 
A esquerda española está a incumprir as súas promesas e non é quen de percurar novos alicerces que lle conecten coa cidadanía. Velaí que estean  desbotar unha oportunidade histórica que pode entregarlle as chaves do vindeiro Goberno do Estado ao dúo de dereita radical do PP de Casado e Ayuso e o Vox de Abascal.
 

Pedro Sánchez e Pablo Iglesias abrázanse no Congreso dos Deputados despois de asinar o principio de acordo para compartir un goberno de coalición
Pedro Sánchez e Pablo Iglesias abrázanse no Congreso dos Deputados despois de asinar o principio de acordo para compartir un goberno de coalición | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.