Detido un home tras agredir a un policía local e causar danos no CHUO

A policía acudiu tras o aviso de que o home golpeara tamén a unha paciente e un médico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2022 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

Un veciño de Ourense de 30 anos foi detido na madrugada deste domingo tras ocasionar danos no servizo de Urxencias do CHUO, agredir a unha paciente, un médico e aos axentes da Policía Local que o detiveron. Tal e como informa a Policía Local nun comunicado, foi o propio hospital o que deu aviso de que unha "persoa agresiva" estaba a provocar problemas en Urxencias.

Ao chegar, o home xa fuxira do lugar, pero a patrulla constatou que o home agredira a unha paciente e a un médico e fracturara un cristal dunha porta corredera. O mozo, que fuxira nun vehículo, foi interceptado por outra patrulla, momento no que o home, cando ía ser identificado, agrediu a un dos axentes.Tras a súa detención, instruíronse dilixencias xudiciais.

CHUO
CHUO | Fonte: ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta