Os galegos venden madeira para aliviar a crise

Unhas 70.000 familias galegas percibiron un total de douscento oitenta millóns de euros pola venda de madeira á industria transformadora durante o ano 2013, un 29 por cento máis que no exercicio anterior, 2012. A patronal Confemadera di que o monte "sustenta a moitas familias".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/04/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"O monte galego consolidouse como aliado das familias galegas para facer fronte á crise". Iso é o que opina a patronal da madeira, Confemadera. Segundo os seus datos, no ano 2013, preto de 70.000 familias cortaron madeira, un 29% máis que o exercicio anterior, o que representa, insiste, "unha cifra histórica en Galicia". 

Camións trasladando madeira cortada
Camións trasladando madeira cortada | Fonte: esmola.wordpress.com

Por estas operacións, o 9% das familias galegas percibiron 280 millóns de euros. Os datos do Informe de resultados de Confemadera Hábitat Galicia 2013 tamén indican que a facturación conxunta da industria da madeira e o moble de Galicia alcanzou os 1.668 millóns de euros, un 2,6% máis que en 2012. "O sector mantivo o emprego con 20.000 directos e 50.000 indirectos", apunta.

Despois de tres anos, a industria inicia unha "lenta recuperación" sustentada nun "leve crecemento do mercado nacional" e no "esforzo das empresas por consolidar os mercados internacionais", segundo apuntou Elier Ojea, presidente de Confemadera Galicia.

Ademais, a patronal da madeira destaca que as exportacións galegas de produtos de madeira sumaron un volume de negocio de 769,9 millóns de euros, un 11,8% máis que en 2012. De feito, ao peche de 2013, Galicia pasou a liderar o ranking de exportacións por comunidades autónomas.

Preocupación porque se corta en leiras pequenas "menos rendibles"

En 2013, o volume de cortes realizas en Galicia ascendeu a 7,8 millóns de metros cúbicos, unha cifra moi similar aos 7,5 millóns de metros cúbicos de 2012. A secretaria xeral de Confemadera Galicia explicou que, a industria "está preocupada" porque esta actividade procede de propiedades forestais "cada vez máis pequenas e menos rendibles para o propietario pero tamén para a industria". 

Por iso, Elier Ojea destacou que "o monte galego é sustento para un número cada vez maior de familias" e fomenta a "creación de riqueza en zonas rurais". Por iso, defendeu que é necesario aplicar políticas activas que contribúan a incrementar a "competitividade das empresas do sector", incentivando a produción, xa que sen madeira "en cantidade e de calidade, a industria non ten razón de ser".

Neste sentido, pediu á Administración que dea respostas aos principais retos do monte: impulsar a produción de madeira mediante selvicultura moderna, xestión forestal conxunta e sustentable. Tamén reclamou que é necesario "clarificar, simplificar e axilizar os trámites administrativos" da actividade forestal e equiparar a norma do transporte forestal á doutros países da UE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

3 tin

o da madeira é un grande negocio para a patronal. O que planta non gaña nada, incluso perde. Non tes compradores e pagan miserias. Todo mentira. Penso que as familias que queren sacar algo ca madeira lles sae moito mais rentabel un depósito normal no banco ca inversión que fan. Nin sequera o castiñeiro ¿a quen llo vendes? en fin a madeira neste pais non é negocio

2 Alcolito

4.000 € por família? Que miséria! Entre isso e os incêndios demonstra-se que o modelo florestal galego é absolutamente ruinoso e nefasto.

1 Toxos non, arcolitos si

Estos de Confemadera Galicia teñen os santos coll... de facer un decálogo de propostas, xunto cuns becarios da Fundación Barrié de la Maza, que supoño que lles servirón de "tontos útiles", na que dicían, por exemplo, que "había que identificar as fincas abandoadas establecendo a súa obrigatoriedade de produción...". É dicir, eu teño un monte da miña propiedade, na que non me sae da barriga prantar árbores para poñela "en produción" porque penso que o mato que ten, coas súas xestas, ericáceas, toxos, acivros... e a súa riqueza faunística ten un gran valor ambiental polo que penso, en conciencia, que é mellor deixar a natureza tranquila, ¿e quenes son estes de Confemadera para obrigarme a que prante árbores? En cambio, se collo a miña finca quito o mato, con todo o seu valor ambiental, e no seu lugar poño unha prantación, por exemplo de eucaliptos, a estes de Confemadera xa lles parece ben.

1 Parques_si_caprichosos_non

A ver, que me perdo, ¿ti dis que Confemadera Galicia ten a culpa de que a xente teña a obriga de manter o MONTE LIMPO, para, entre outras cousas, facelo productivo? Mira unha cousiña, a ti che gustan os lumes no forestal ¿nonsi?

2 Mimadriña

Para "Parques si caprichosos non" sobre o de "limpar o monte", recoméndoche que leas este artigo. A ver se se che pega algo: http://www.lne.es/opinion/2012/10/2...

3 Hermerico

o monte está limpo quando nom vai a gente deixar lixo. O mato nom é sujedade, nem arde por combutom espontánea. Aver se deixamos de repetir como parvos os mantras do regime. O mato é um bosque que vai ser, ao seu tempo, nom ao tempo da gentinha do caralho, que é quem lhe pom lume e arrassa com ele.

4 LNgaliza

Ai que ben! Logo non hai obriga de limpar o monte, de mantelo libre de toxo, maleza, etc. Confemadera non puido con nós, aí aí! Ben, deixando aparte isa falla de lectura de algún, decir que hai quen queime o monte porque sempre hai algún que o deixa a maleza. Non se pode controlar ao pirómano? millor prever. De TODOS os incendios intencionados que tiven a desgraza de ver no monte galego non hai UN que non empezara pola maleza que deixaba algún.

5 Hermerico

A "maleza" nom "a deixa" ninguém, esta aí, esse é o seu lugar. Cortar a "maleza" reflicte a mesma mentalidade do Bush-filho quando dixera aquilo de cortar as árvores para que nom houvesse lumes florestais. Som outras cousas o que há que cortar, nom a "maleza".

6 LNgaliza

Outro mais? 1) Da obriga de limpar os montes ten a culpa Confemadera? 2) Dubidades da relación entre a terra sen coidar nin limpar e os lumes no monte? 3)Pensades que todo o territorio de Galiza debe ser un parque natural? 4)Gústavos o lume? Respostádeme si a todo isto e con moito gusto vos DEIXO ter razón, e aquí remato .