'MIEDO 2.0', a nova función de Albert Albert Pla, fará parada en Ferrol e Vigo

Estréase o v indeiro 28 de xaneiro, ás 20:30 no Teatro Jofre.

Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 15/01/2022 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Baixo a dirección teatral de Pepe Miravete, 'MIEDO 2.0' é unha coprodución do Complexo Teatral de Bos Aires, onde se estreou, chega agora a Galicia e a cidade de Ferrol será a primeira en acoller unha función. Albert Pla actuará no Teatro Jofre o próximo venres 28 de xaneiro ás 20:30, nunha actuación considerada pola crítica unha das mellores obras do polifacético artista catalán. Xa en marzo, haberá función ás 21:00 no Auditorio Mar de Vigo.

Albert Pla presenta novo espectáculo en Ferrol
Albert Pla presenta novo espectáculo en Ferrol

Vestido coa xa clásica túnica e botas de auga, desta vez o intérprete acompáñase dunha posta en escena baseada en tecnoloxías visuais de vangarda. 'MIEDO 2.0' fusiona música composta xunto a Raül Refree con performance, pezas teatrais e un video mapping do estudio nueveojos con deseño de arte do colectivo arxentino Mondongo –integrado por Juliana Laffitte e Manuel Mendanha–.'En MIEDO 2.0', Albert Pla introdúcese e afonda nos "medos que nos acompañan desde a infancia e desenvólveos apoiándose na imaxinaría dos contos e desas personaxes que nos fan experimentar os primeiros Temores". 

 

Coa intención de axudarnos a aceptar que debemos convivir con eles como primeiro paso para superalos, afirman, en 'MIEDO 2.0' Pla invítanos a realizar un repaso cargado de humor negro, ironía e sátira polos "terrores humanos máis íntimos". "Aqueles que bloquean as nosas metas e trastornan o noso día a día, acompañando o seu impecable monólogo dunha excelente escenografía audiovisual", sosteñen dende Nordesía Producións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta