Rexedores arroupan a Alfredo García, que defende "cambio e unidade" no PSdeG de Ourense

O candidato encarará a última semana de campaña cun acto sectorial "en defensa do feminismo, escoitando ás mulleres socialistas" da provincia.

Por E.P. | OURENSE | 16/01/2022 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O candidato á secretaría xeral do PSdeG-PSOE de Ourense, Alfredo García, presentou durante esta semana o seu proxecto aos militantes das comarcas ourensás do Ribeiro, Monterrei, A Limia e de Terras de Celanova, onde defendeu o "cambio e unidade do partido" e onde estivo arroupado por algúns dos rexedores da provincia.

Segundo informou nun comunicado, García estivo acompañado por diferentes cargos públicos e institucionais do partido socialista en Ourense como a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez; o alcalde de Verín, Gerardo Seoane; a alcaldesa de Xinzo de Limia e deputada provincial, Elvira Lama; e a concelleira de Celanova, Teresa Barje.

Tamén participou o alcalde socialista de Carballeda de Avia, Luís Milia, que mostrou o seu apoio a García e do que asegurou que "representa un proxecto de alma municipalista" ante "a necesidade de que todos conten no partido" e "se cumpra co que se di aos militantes".

Destacan tamén que o candidato encarará a última semana de campaña cun acto sectorial "en defensa do feminismo, escoitando ás mulleres socialistas" da provincia. Será este luns 16 de xaneiro no centro de día dos Gozos de Pereiro de Aguiar, ás 20,00 horas, onde tamén estarán vocais e concelleiras do PSOE ourensán.

O candidato á secretaría xeral do PSdeG de Ourense, Alfredo García, nun acto con militantes en Ribadavia. CANDIDATURA ALFREDO GARCÍA
O candidato á secretaría xeral do PSdeG de Ourense, Alfredo García, nun acto con militantes en Ribadavia. CANDIDATURA ALFREDO GARCÍA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta