GC Aberto

Amarante Setem organiza en Compostela unha Xornada adicada a modelos económicos dende unha perspectiva feminista

A IV xornada do “Xanela Aberta, asómate ao cambio” contará coa participación de organizacións como Implicadas no Desenvolvemento e a Marcha Mundial das Mulleres.

Por amarante (http://www.amarantesetem.org) | GC ABERTO | 24/04/2014

Comparte esta noticia

A asociación galega Amarante Setem no marco do seu programa de educación para o desenvolvemento, Xanela Aberta. Asómate ao cambio, na súa edición número XIII, apresenta unha xornada formativa adicada ao coñecemento das Loitas feministas: as súas reivindicacións, ideas e propostas fronte ao modelo socio-económico actual.

As actividades enmarcadas nesta xornada desenvolveranse o sábado 26 de abril, no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), onde tanto as persoas participantes da formación como aquelas outras interesadas na temática, poderán participar das palestras programadas para a mañá deste sábado.

A xornada comeza cun achegamento aos Modelos de Economía Feminista da man da Marcha Mundial das Mulleres e Implicadas co Desenvolvemento, para logo facer fincapé na experiencia concreta desta última cos Microcréditos.

Programación: Resistencias III: Loita Feminista Global. Sábado 26 de Abril.

Centro de Interpretación Ambiental de Compostela. Parque de Belvís.

10.30- 12.00 Modelos de Economía Feminista. Marcha Mundial das Mulleres e Implicadas no desenvolvemento.

12.00 – 12.30 Descanso.

12.30 – 14.00 Experiencias con Microcréditos. Implicadas no Desenvolvemento.

O 26 de abril tedes unha cita no CIAC (Santiago de Compostela) para falar da loitas feministas e as alternativas propostas desde estas.

Esta actividade está aberta a todas as persoas interesadas.


Para máis información: educacion@amarantesetem.org

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta