Vueling recuperará este verán a ruta entre A Coruña e Londres

Por E.P. | A Coruña | 19/01/2022 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

Vueling operará 100 rutas domésticas en España durante o programa de verán, que abarca desde 26 de marzo ata o 29 de outubro, polo que recupera os mesmos niveis que en 2019, segundo anunciou a aeroliña en Fitur 2022. Entre as conexións que ofrecerá, está a conexión entre A Coruña e Longres.

Avión da compañía Vueling
Avión da compañía Vueling | Fonte: FlightReal.

Na programación deste verán de Vueling destaca o gran impulso á conectividade internacional tanto nos aeroportos de Londres Gatwick como no de París Orly.

A principal novidade é a maior presenza en Londres Gatwick, practicamente duplicando o operativa respecto ao verán de 2019, grazas á coordinación con British Airways.

Concretamente,  programou 12 rutas directas desde o aeroporto londiniense durante a tempada de verán de 2022, destacando as novas conexións entre Londres Gatwick e Málaga, Sevilla, Menorca, Granada e A Coruña, as dúas últimas, novas conexións para o aeroporto londiniense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta