A covid chega ao Parlamento Galego

Catro deputados acóllense ao protocolo de delegación de voto por positivo ou contacto estreito.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2022 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

Catro deputados --dous do BNG, un do PPdeG e outro do PSdeG-- acolléronse, nesta primeira sesión plenaria tras o descanso do Nadal, ao protocolo covid --por contaxio ou contacto estreito con positivo-- e delegaron o seu voto nos portavoces parlamentarios do seu grupo.

Un dos afectados é o que ata agora era portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, quen delegou o seu voto en Luís Álvarez. Como el mesmo publicou na súa conta de Twitter, está en corentena debido a que o seu fillo maior é positivo por covid e el presenta síntomas, aínda que por agora as súas probas deron negativo.

A popular Marta Novo, segundo confirmaron a Europa Press fontes do grupo, permanece tamén illada por positivo por coronavirus. Mentres, tamén comunicaron a súa ausencia a nacionalistas María González Albert e Manuel Lourenzo, que segundo fontes do seu grupo seguen o procotolo por covid.

Vista xeral do Parlamento Galego, durante o minuto de silencio en recordo ao falecido conselleiro de Facenda, momentos previos ao comezo do Debate sobre o Estado da Autonomía, no Pazo do Hórreo, a 13 de outubro de 2021, en Santiago de Compo. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Vista xeral do Parlamento Galego, durante o minuto de silencio en recordo ao falecido conselleiro de Facenda, momentos previos ao comezo do Debate sobre o Estado da Autonomía, no Pazo do Hórreo, a 13 de outubro de 2021, en Santiago de Compo. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta