Grave incendio nunha fábrica de aceites usados en Santa Comba

Unha intensa nube de fume negro cobre boa parte da comarca.

Por Galicia Confidencial | Santa Comba | 07/02/2022 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas tras rexistrarse un incendio grave nunha nave de almacén de aceite usado no polígono de Santa Comba. Un dos peores casos aos que se poden enfrontar os bombeiros, pois o líquido pode saír dos contedores e acabar espallando o incendio.

Todos os medios de emerxencia municipais, así como os do Parque Comarcal de Bombeiros de Santa Comba, de Carballo e de Cee, a Garda Civil, Policía Local, Protección Civil, o 061, a Policía Autonómica e ata as motobombas procedentes do servizo de incendios forestais foron desprazados á zona, ao igual que a alcaldesa María Pose e o director Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia.

Incendio nunha nave de aceites usados de Santa Comba
Incendio nunha nave de aceites usados de Santa Comba | Fonte: QPC

Os equipos sanitarios trasladaron a dous homes, ambos de 47 anos de idade. Trátase de J.R.A., que foi evacuado ao Hospital Clínico de Santiago, e de M.R.F., que foi trasladado a un centro de Atención Primaria.

A fumareda, negra, víase dende boa parte da bisbarra. Máis información en QPC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta