Declaran controlado o incendio dunha nave en Santa Comba e que causou dous feridos

Nas tarefas de extinción do incendio, que continúan a última hora da tarde deste luns, participaon os bombeiros de Cee, Carballo e Santa Comba, ademais de efectivos de Protección Civil, Garda Civil, Policía Local e GES de Brión.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 07/02/2022 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia deron por controlado o incendio declarado este luns nunha nave industrial situada no polígono de Catro Ventos, no municipio coruñés de Santa Comba, no que dúas persoas resultaron feridas e tiveron que ser evacuadas a centros sanitarios.

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, o lume está baixo control despois de calcinar por completo a nave na que se declararon as chamas e afectar tamén a unha contigua, onde os equipos de intervención tiveron que retirar o malterial que almacenaba (herba seca e fertilizantes) para evitar que entrasen en contacto con produtos químicos.

O incendio iniciouse ao redor das 10,45 horas do luns nunha nave dunha empresa de aceites usados situada no parque empresarial Catro Ventos. Durante a mañá, dous homes (J.R.A. e M.R.F., ambos de 47 anos) resultaron feridos e tiveron que ser evacuados ao Hospital Clínico de Santiago e a un centro de atención primaria tras recibir un golpe na cabeza e quedar afectados pola inhalación de fume, respectivamente.

Nas tarefas de extinción do incendio, que continúan a última hora da tarde deste luns, participaon os bombeiros de Cee, Carballo e Santa Comba, ademais de efectivos de Protección Civil, Garda Civil, Policía Local e GES de Brión.

A rápida propagación das chamas provocou que a primeira nave colapse case de inmediato e o incendio estendésese á segunda instalación. Alí centráronse as tarefas dos equipos de emerxencia, orientadas a minimizar os efectos, dado que esta nave albergaba herba seca e fertilizantes. Deste xeito, os bombeiros retiraron boa parte dos aveños almacenados na segunda nave e depositáronos nunha leira contigua.

Incendio nunha nave de aceites usados de Santa Comba
Incendio nunha nave de aceites usados de Santa Comba | Fonte: QPC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta