"Folloputa, no trabajo y fumo weed"... O que o rapeiro Kaydy Cain quere cantar en Santiago e Mos

Foi acusado de xeito anónimo nas redes de abusos e violación. PSdeG, Compostela Aberta e BNG, opóñense a actuación deste rapeiro en Santiago. Tamén todos os grupos do Concello de Mos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/02/2022 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

"Yo le doy pa'lante, baby, tú solo dale pa'trá', Mami, déjale caer to' el peso, Y juega con mi muñeco"... Son parte das letras do polémico rapeiro Kaydy Cain que ten previsto dar un concerto este xoves na sala Capitol de Santiago e o día 11 na sala Queen, de Mos.

O rapeiro Kaydy Cain
O rapeiro Kaydy Cain | Fonte: Instagram

A concellaría de Políticas de Igualdade do Concello de Santiago, así como os grupos municipais de PSdeG, Compostela Aberta e BNG, manifestaron xa a súa repulsa a este concerto. Consideran que as letras das súas cancións son "vexatorias e denigrantes para as mulleres". "Estamos en contra de calquera cultura audiovisual e musical, como neste caso, que agrede violentamente ás mulleres e a súa dignidade", indican nun comunicado conxunto.

Así, nun comunicado conxunto, os tres grupos lembran que o Concello de Santiago  traballou sempre en prol da igualdade e está declarado libre de violencias machistas. "Amosamos a nosa disconformidade coa celebración de calquera tipo de acto sexista no que se faga apoloxía do machismo", indican. Polo tanto posicionanse en contra deste concerto, e esixen o máximo respecto para a figura das mulleres en todo tipo de actos públicos e privados.

Tamén o pleno do Concello de Mos rexeitou a súa actuación nunha sala privada do municipio o vindeiro sábado. Tamén o Colectivo Feminista de Pontevedra emitiu un comunicado de repulsa polo concerto. 

Non é a primeira vez que este rapeiro está envolto na polémica. De feito, foi acusado de violación e abusos a mulleres a través das redes sociais e memso hai creada unha conta en Instagram  (@habrajusticia) onde se reúnen varias acusacións, todas anónimas, que xa suman un total de seis.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta