A ciberdelincuencia consolídase: o tempo medio para 'hackear' unha organización redúcese a 18 minutos

Unha análise levada a cabo por fibratel sinala que a tecnoloxía combinada coa habilidade humana é a mellor resposta para combater estes ataques cada vez máis sofisticados.

Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 13/02/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A ciberdelincuencia continuou a mellorar as súas estratexias para evitar a detección e camuflar os seus ataques ao longo do pasado ano, segundo a análise levada a cabo desde a unidade de ciberseguridade de fibratel. Así, segundo apunta a análise, no 2021 consolidouse un escenario cibernético máis perigoso que 2020, do que se extrae que os ciberatacantes comezaron 2022 máis consolidados que nunca. En concreto, o número de grupos de actividade rastrexados baixo supervisión activa aumentou a 24, e 19 grupos adversarios recentemente nomeados levaron o total de actores rastrexados a nivel mundial a 149.

Hackers Anonymous
Hackers Anonymous

Segundo estiman os especialistas, os 'hackers' rusos precisan máis nada que 18 minutos para entrar nunha organización e danala. Recentemente Microsoft sufría un ataque de grandes dimensións por parte deste grupo de ciberdelincuentes, que afectaba a un total de 36

países de todo o mundo. “Non basta con implementar as tecnoloxías de protección máis avanzadas. A integración dunha ferramenta de control que combine Intelixencia Artificial para detectar patróns de comportamento é fundamental”, explica Juan Francisco Moreda, responsable da unidade de ciberseguridade de fibratel.

Nese sentido, dende fibratel sinalan que a tecnoloxía combinada coa habilidade humana resulta a resposta para combater estes ataques cada vez máis sofisticados. Fibratel defende que conta cunha solución que, precisamente, ofrece un equipo de profesionais que investigan e mapean todos os criminais para coñecer as súas estratexias para, despois, transmitir a información obtida á tecnoloxía, adoptando unha "actitude moito máis proactiva". Trátase de 'Falcon Complete de CrowdStrike', que foi recoñecido como “Leader” en 2021 por Gartner, Forrester e IDC nas categorías de “Endpoint  Protection  Platform”, “ Endpoint Security Software As a Service” e “Managed Detection and Response”.

“Co paso dos anos comprobamos que a automatización non é suficiente. Contar cun equipo de persoas que traballe as 24 horas do día, os sete días da semana, é a pata que lle falta á tecnoloxía para conseguir uns resultados óptimos. E é que, non podes defenderte só con máquinas de atacantes humanos”, engade Lorenzo Cadeddu de CrowdStrike.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta