Rueda defende a traxectoria de Casado: "Merece marchar coma un señor"

O vicepresidente da Xunta defende ao aínda presidente do PPdeG tras a "humillación" desta semana.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/02/2022 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, tivo este xoves palabras de recoñecemento para quen aínda segue sendo o presidente do PP, Pablo Casado, "humillado" nos últimos días por prácticamente todos os dirixentes do seu partido, incluído os "baróns" populares.

Alfonso Rueda, Alberto Núñez Feijóo e Pablo Casado, no acto de inicio do curso político do PPdeG en Cerdedo-Cotobade.. PAULA JUSTO-EUROPA PRESS
Alfonso Rueda, Alberto Núñez Feijóo e Pablo Casado, no acto de inicio do curso político do PPdeG en Cerdedo-Cotobade.. PAULA JUSTO-EUROPA PRESS

"Semella que houbo un acordo na xuntanza de onte --mércores pola noite--. Pablo Casado é un señor e merece marchar do partido como tal", indiciou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta a preguntas de Galicia Confidencial.

Así, lembrou que na xuntanza de onte, de varias horas de duración, houbo acordos entre os baróns e Casado, a pesar de que antes dese encontro moitos deles xa lle pedían que dimitira esa mesma noite. Pero tras un encontro con Feijóo de hora e media, as posicións mudaron e acordouse que Casado continúe como presidente ata abril, cando se celebre un congreso extraordinario. "Así se viu tras esa xuntanza de horas", dixo sobre o recoñecemento a Casado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta