GC Aberto

Amarante Setem organiza unha xornada sobre a “Comunicación Social e as alternativas existentes a nivel galego”.

A V Xornada do “Xanela Aberta, asómate ao cambio” contará coa participación, entre outros, de medios como Galiza Ano Cero, Galiza Contrainfo ou Irmandade TV

Por amarante (http://www.amarantesetem.org) | GC ABERTO | 20/05/2014

Comparte esta noticia

A asociación galega Amarante Setem no marco do seu programa de educación para o desenvolvemento, Xanela Aberta. Asómate ao cambio, na súa edición número XIII, apresenta unha xornada formativa adicada á Comunicación Social e aos medios alternativos de información.

As actividades enmarcadas nesta xornada desenvolveranse o sábado 24 de maio, no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), onde tanto as persoas participantes da formación como aquelas outras interesadas na temática, poderán participar das palestras e debates programados para o sábado.

Pola mañá as actividades serán abertas a todo o público. Iniciarase cun obradoiro sobre a Cultura de transición nos medios de comunicación; e remataremos cun debate en torno à Comunicación Social. Unha mesa na que contaremos, entre outros convidados, con Galiza Contrainfo e Irmandade TV. As actividades desta xornada estarán dinamizadas e coordenadas por Galiza Ano Cero.

A importancia dos medios de comunicación e o xeito de interpretar a realidade con independencia, onde as organizacións sociais temos moito que dicir, será o eixo central desta xornada. A comunicación social é imprescindible nos tempos que estamos a vivir. Coñecer a reflexionar cos medios galegos que están creando outro xeito de comunicar é importante de cara a construír outro xeito de informar e transformar.

Programación:

Resistencias IV: Comunicación Social e medios alternativos. Sábado 24 de Mayo. CIAC - Compostela

10.30 – 12.30 A Cultura de transición nos medios de comunicación. Galiza Ano Cero.

13.00 – 14.30 Debate sobre a Comunicación Social. Amarante Setem

17.00-20.00 Formación interna para as persoas inscritas no Xanela: preparando as viaxes.

Con esta V Xornada remata a formación no Xanela e as persoas que completaron a formación preparan xa as súas estadías coa organización do Movemento dos Sem Terra do Brasil e a Asociacion de Mulleres do Téxtil Attawassoul de Marrocos, que se realizarán nos meses de xullo e agosto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta