Por Galicia Confidencial | Vigo | 02/03/2022 | Actualizada ás 09:00
"Isto si é un home". Ese é o título da nova obra do escritor e director de Galaxia que chega a partir do mércores 2 de marzo ás librarías. Un ensaio publicado na Colección Feminismos da editorial que el dirixe e no que Castro insta aos lectores a "facerse homes feministas".
Castro quere aproveitar o tirón do 8M e saca un libro "feminista" no que quere explotar nesta "a súa faceta como filósofo para situarse no pensamento feminista desde a súa condición de varón". "Trátase dun ensaio irónico, por momentos esmendrellante, en que o autor ironiza sobre os mitos irracionais do patriarcado para demostrar, desde unha respectuosa seriedade, como o machismo é mundialmente destrutivo, eticamente peor e cunha decidida e indesexábel tendencia á infelicidade", apunta a súa editorial nun comunicado.
"Hai aquí un manifesto contra a violencia que reivindica insistentemente a liberdade e a diversidade como dereitos irrenunciábeis de calquera ser humano, sexa el, ela ou ele. A súa lectura é obrigada para toda persoa que desexe entender mellor esta revolución ideolóxica do século XXI que é a chamada Cuarta Onda do Feminismo", engade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.