A igualdade da muller pon de acordo aos tres grupos da Cámara na semana do 8M

Tamén houbo unanimidade para instar a Xunta a reforzar os puntos de encontro familiar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2022 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Dúas cuestións vinculadas á igualdade, tema central da sesión plenaria celebrada na Cámara galega na semana do 8 de marzo, lograron pór de acordo ao tres grupos con presenza no Pazo do Hórreo, onde se aprobou por unanimidade a petición dun observatorio sobre a situación da muller no sector pesqueiro e a demanda á Xunta de novos avances nas súas políticas de igualdade.

Tras o 'careo' entre o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e os portavoces da oposición --Ana Pontón (BNG) e Luís Álvarez (PSdeG)-- coa que se retomou a sesión plenaria tivo lugar o último do seis debates do bloque de proposicións non de lei que formaban parte da orde do día.

Foi cunha iniciativa presentada polo Grupo Popular que propuña demandar á Xunta unha batería de medidas en materia de igualdade, principalmente enfocadas ás mulleres en risco de exclusión sociolaboral ou de especial vulnerabilidade. Defendida pola diputad Paula Prado, o texto recibiu o apoio total da Cámara.

Tamén saíu adiante por unamidad outra proposición non de lei asociada aos dereitos da muller, neste caso, presentada polo Grupo Socialista e que foi debatida a última hora da tarde do martes, no que se conmemorou o Día Internacional da Muller. De feito, o debate iniciouse ás 19,00 horas, cando arrincaba a manifestación convocada con motivo do 8-M en Santiago.

Deste xeito, o Parlamento insta ao Goberno autonómico a crear un observatorio de igualdade no sector pesqueiro de Galicia co obxectivo de analizar e estudar a sitaución das mulleres neste ámbito de face a aplicar medidas para corrixir cuestións como a ausencia de presenza feminina en postos de dirección.

A última das iniciativas aprobadas no pleno desta semana demanda á Xunta a remodelación e reforzo dos puntos de encontro familiar, tamén presentado polo grupo maioritario pero que foi apoiado pola oposición despois da modificación do texto inicial, no que se incluíron achegas de BNG e PSdeG.

LEA ENTRE PP E OPOSICIÓN

A pesar do apoio de toda a Cámara á proposta defendida pola deputada do PP Paula Prado, o debate do texto provocou unha lea con reproches cruzados entre a oposición a conta das políticas de igualdade da Xunta.

E é que nacionalistas e socialistas consideran que a iniciativa presentada (que finalmente apoiaron) está chea "de vaguedades" faltas de "concreción" e que "reflicte o conformiso" do Goberno galego á hora de reducir a brecha entre os dereitos dos homes e as mulleres.

Imaxe do Hemiciclo do Parlamento de Galicia. PARLAMENTO DE GALICIA
Imaxe do Hemiciclo do Parlamento de Galicia. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta