A refuxiada afgá Nadia Ghulam convida os presos de Teixeiro a "non porse límites": "Se eu puiden, eles tamén"

Pídelles que perseveren para deixar atrás episodios escuros.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/03/2022 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

A refuxiada e activista afgá Nadia Ghulam convidou aos internos do centro penal de Teixeiro (A Coruña) a "non porse límites" nas súas vidas e a perseverar para deixar atrás episodios escuros. "Se eu puiden, eles tamén", aseverou a activista durante a súa participación nunha charla organizada no centro pola fundación Esplai.

A refuxiada afgá Nadia Ghulam durante unha charla no centro penal de Teixeiro
A refuxiada afgá Nadia Ghulam durante unha charla no centro penal de Teixeiro | Fonte: Delegación do Goberno.

Alí, Ghulam relatou a súa vida, marcada pola saída do seu país, Afganistán, onde sufriu a violencia e a exclusión social por ser muller.

Cando tiña oito anos, unha bomba caeu na casa de Nadia, que permaneceu dous meses en coma e outros dous anos de recuperación en hospitais. No momento no que abandonou o hospital, os talibán ocuparan o poder, impondo un réxime fundamentalista que discrimina á muller.

Nadia decidiu vestirse coa roupa do seu irmán, falecido na guerra, para poder continuar os seus estudos e axudar á súa familia. Con 21 anos, abandonou Afganistán para ser tratada das súas feridas en España.

"Cando cheguei suspendín toda a educación a pesar de chegar co bacharelato aprobado en Afganistán. Seguín sen porme límites e puiden superar o curso superior de integración social", sinalou a activista, que cre que os internos teñen na súa vida un espello no que mirarse para saír adiante.

"Se eu puiden superar esas situacións difíciles, eles tamén poden", subliñou Nadia Ghulam, quen este martes foi recibida pola conselleira de Política Social, Fabiola García, na sede do Goberno galego.

"Hoxe máis que nunca, cunha guerra tan presente como a que está a librar Rusia contra Ucraína, temos a obriga de non deixar caer esa loita e ese pequeno grande éxito en saco roto", sinalou a conselleira de Política Social.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta