Por E.P. | OURENSE | 01/04/2022 | Actualizada ás 19:54
A Deputación de Ourense impulsará a conversión da antiga estación de tren de Cantoña, en Paderne de Allariz, nun centro de transformación de produtos do sector primario. Así o abordaron este venres o presidente da institución provincial, Manuel Baltar, e a xerente do Inorde, Emma González, nun encontro de traballo, no que abordaron diferentes iniciativas que prepara este organismo dependente da deputación.
A iniciativa do Inorde aspira a ser unha ferramenta de innovación para os pequenos produtores e emprendedores do rural ourensán, fomentando o desenvolvemento socioeconómico da provincia en base á produción de elevado valor engadido para circuítos comerciais de proximidade, permitindo identificar novas actividades económicas e potenciar novos cultivos.
Todo, indicou a Deputación nun comunicado, dentro da estratexia de captación de fondos europeos marcada pola institución provincial para transformar a provincia e combater o reto demográfico, desde un enfoque sustentable e innovador, compatible coa paisaxe e o respecto pola biodiversidade.
Ademais, Baltar destacou o traballo realizado por Rosendo Fernández e Emma González no Inorde, con iniciativas como esta, que "interpretan perfectamente a filosofía deste organismo actuando nun alicerce estratéxico, como é o sector primeiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.