A Xunta traslada o seu apoio ao piloto monfortino Eduardo Iglesias tras rematar por terceiro ano consecutivo o Dakar

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Francisco Conde, felicitouno por contribuír á proxección exterior de Galicia.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/04/2022 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse co piloto do Team Monforte Rally Eduardo Iglesias, a quen felicitou pola súa participación no Rally Dakar 2022.

A Xunta destaca que o piloto logrou rematar esta competición por terceiro ano consecutivo, logrando nesta ocasión situarse na 78ª posición.

No encontro, o vicepresidente segundo trasladoulle ao deportista monfortino o apoio do Goberno galego para seguir levando en próxima competicións o nome de Galicia Calidade e do Xacobeo a nivel internacional, contribuíndo así á proxección exterior de Galicia.

O piloto de rally Eduardo Iglesias
O piloto de rally Eduardo Iglesias | Fonte: www.dakar.com.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta