Unha ducia de detidos en Galicia nunha operación contra a construción das narcolanchas

Entre os arrestados hai un primo de Sito Miñanco e foron intervidas embarcacións destinadas ao transporte de droga

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 06/04/2022 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil e da Policía Nacional, coa colaboración de Vixilancia Aduaneira, detiveron polo menos a 17 persoas, entre elas unha ducia en Galicia, no marco dunha operación contra a loxística do narcotráfico, centrada nunha rede dedicada á construción de lanchas rápidas utilizadas para o narcotráfico. Entre os arrestados atópase un primo do narcotradicante Sito Miñanco.

Así o informaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que detallaron que as detencións se practicaron este mércores, entre elas a dun primo de Sito Miñanco no seu domicilio. Esta operación, concretan as mesmas fontes consultadas, céntrase na parte loxística do narcotráfico, en relación á construción e fabricación de lanchas rápidas, as planadoras.

Nesta operativo conta coa participación de efectivos dos grupos ECO e EDOA (de drogas) da Garda Civil, así como do Greco da Policía Nacional e do DAVA de Vixilancia Aduaneira.

NAVES-TALLER

Por iso, ademais dos arrestos levados a cabo en Galicia, na zona de Arousa, e outros puntos de España como Barcelona e Valencia, así como no país veciño de Portugal, practicáronse rexistros en domicilios e en naves-taller usadas como estaleiros.

Narcolancha intervida.. GARDA CIVIL
Narcolancha intervida.. GARDA CIVIL

Os axentes incautáronse de motores e embarcacións en Galicia. Houbo rexistros en Cambados, Ribadumia, Vilanova e A Illa de Arousa, entre outras localizacións. Os axentes incautáronse de motores e embarcacións en Galicia. Ademais, practicáronse rexistros noutras zonas de España e Portugal.

A operación está coordinada polo Xulgado de Instrución número 4 de Cambados e está previsto que os detidos en Galicia sexan trasladados a dependencias da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta