A Deputación de Pontevedra destaca os castelos de Sobroso e Soutomaior como referentes turísticos en Semana Santa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2022 | Actualizada ás 21:13

Comparte esta noticia

O Castelo de Sobroso estrea este sábado as xornadas de portas abertas, cuxas 450 prazas esgotáronse en menos de dúas horas. Pola súa banda, o Castelo de Soutomaior oferta este ano, como novidade, a visita ao muíño recentemente restaurado pola Deputación de Pontevedra.

Segundo explicou a entidade provincial nun comunicado, os castelos están preparados para "situarse esta semana Santa como os grandes referentes turísticos na provincia de Pontevedra". Os dous lugares, musealizados pola Deputación, "xa converteron á provincia no único destino galego con espazos fortificados adaptados ás novas tecnoloxías e ás multiexperiencias que demandan os turistas".

No caso do Castelo de Sobroso as xornadas de portas abertas comezan este sábado e continuarán o domingo para volver abrir as súas portas os días festivos de Semana Santa, días 14, 15 e 16 de abril con 6 pases diarios para 15 persoas cada un; ás 11, 12, 13 horas da mañá e ás 16, 17 e 18 horas da tarde.

No que respecta ao Castelo de Soutomaior, xa están pechadas as visitas de grandes grupos e de persoas que formalizaron xa a compra das súas entradas. Ademais das visitas individuais, grupais e por libre dos xardíns e do castelo, esta semana Santa, como novidade, as persoas que se despracen ata alí poderán gozar do Muíño das Afreitas e ver como se realizaba antigamente a moída de cereais.

Castelo de Soutomaior, en Pontevedra
Castelo de Soutomaior, en Pontevedra | Fonte: Castelo de Soutomaior

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta