Denuncian unha agresión homófoba en Ourense: "Es un puto maricón"

Xuventudes Socialistas pidn que se aumente a loita contra a LGTBfobia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2022 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

O grupo valenciano de hardcore punk AMOR denunciou nas súas redes sociais a agresión homófoba sufrida por un dos seus integrantes, ao que aseguran lle romperon o nariz e deixaron inconsciente, o pasado venres en Ourense.

Segundo relataron, tras participar no evento Baixo Terra, os integrantes tomaban algo nun local da cidade cuns amigos cando algúns deles decidiron saír para tomar o aire. Nese momento, un home comezou a increpar a un dos membros do grupo pola súa vestimenta e maquillaxe, preguntándolle se ía disfrazado e, "de forma despectiva", se era un "puto maricón".

A continuación, lanzoulle un par de puñadas e unha patada que lle romperon o nariz e deixárono inconsciente, segundo contan. "Queremos denunciar publicamente o ocorrido. Somos un grupo de hardcore punk que trata de situarse de forma autocrítica contra todo tipo de opresión desde todas as estruturas de poder", defenderon nas súas redes, onde destacaron ademais que están "felices a pesar de todo o ocorrido e con ganas de seguir".

XUVENTUDES SOCIALISTAS OURENSE

As Xuventudes Socialistas de Ourense, pola súa banda, tamén denunciaron a agresión e mostraron o seu apoio á formación. "Unha condena firme aos feitos ocorridos e a nosa axuda para o que necesiten", destacan nun comunicado.

A asociación esixe que "se empece a tomar partida no asunto da loita contra a LGTBIfobia porque se trata de frear os delitos de odio e agresións contra o colectivo, porque é vergoñoso que ocorran no corazón da cidade pola inoperancia e pasividade tanto do PP como de DO".

"Non queremos gobernos pantalla que pechen os ollos ante as inxustizas, nin que os agresores queden impunes e as vítimas invisibilizadas. Cantas agresións máis necesita este Goberno municipal para abrir os ollos ante esta realidade e comezar a tomar medidas para protexer ao colectivo?", denuncian.

Bandeira LGTBI nun escaparate durante a celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI. Jesús Hellín - Europa Press
Bandeira LGTBI nun escaparate durante a celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI. Jesús Hellín - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta