Poñerse doente, motivo de despedimento no ERE de Atento

O Expediente de Regulación de Emprego afectará exclusivamente aos asalariados que prestan servizos para MoviStar-Telefónica, segundo denuncia a USO. Na Coruña perigan case 50 postos de traballo.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 04/07/2014 | Actualizada ás 23:15

Comparte esta noticia

A Unión Sindical Obreira (USO) de Galicia denuncia que Atento ten en marcha un ERE. A empresa busca botar 823 asalariados en todo o estado.

Manifestación das teleoperadoras de Atento na Coruña
Manifestación das teleoperadoras de Atento na Coruña | Fonte: CGT twitter

A distribución da proposta de despedimentos é a seguinte: Madrid 187, (18 Aluche, 152 Getafe , 17 Ilustración), Barcelona 131 (36 Glorias y 95 Meridiana), León  48, Toledo 92,Valencia 67, A Coruña 49, Córdoba 36, Sevilla 63, Jaén 45, Bilbao 69 e Cáceres 11. 

Tras a primeira reunión mantida o día 3 dentro do obrigado período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego, USO denuncia que "quedou patente o tráxico escenario que presentou a empresa". Pola súa banda a CGT denuncia a arbitrariedade dos criterios para os despedimentos pois son subxetivos, arbitrarios e fácilmente manipulables". O sindicato anarquista explica que a empresa pretende que "estar de baixa por enfermedade sea criterios obxetivo para despedir". As centrais están a negociar arestora, polo que aínda non se sabe quen se vai ir a rúa. 

Fundada por Telefónica, en 2012 Telefónica vendeu Atento ao grupo de compañías controladas polo fondo de capital risco Bain Capital. Inmediatamente desenvestiu masivamente no Estado. Con todo, Atento segue prestando moitos dos servizos de teleasistencia de Telefónica. De feito, neste ERE USO asegura que "para o cadro de persoal de operacións (axentes) os servizos afectados serán só os dependen de MoviStar-Telefónica".

O 23 de xuño convocouse unha folga xeral de 24 horas cun seguimento de ata o 70% do equipo nos seus diversos centros, en critica ás condicións laborais. O éxito do paro non logrou deter o ERE. A empresa non fixo ningún comunicado público sobre o conflito laboral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta