O condenado por abusos sexuais nunha escola da Coruña non entrará no cárcere

O xulgado considera que "os feitos, aínda que reprobables, non revestiron unha especial gravidade". Foi condenado polo abuso a oito alumnas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2022 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

O Xulgado do Penal número 4 da Coruña condenou a un profesor da Esuela de Arte Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña por abuso sexual a oito alumnas, segundo recolle o fallo ao que tivo acceso Europa Press. Os feitos tiveron lugar nos cursos académicos 2019-2020 e 2020-2021, durante as clases e nas tutorías.

Na sentenza, condénaselle por dous delitos de abusos sexuais e seis delitos continuados de abusos sexuais. Absólveo, con todo, doutro destes delitos no caso doutra estudante. Sobre os feitos, polos que o profesor foi suspendido, afírmase que o acusado "de forma voluntaria e consciente" realizou "tocamentos" ás súas alumnas, "sen emprego de violencia e intimidación", con "significado sexual" e "sen o seu consentimento".

Tamén sinala que as vítimas se atopaban en "unha clara posición de debilidade" fronte á que ostentaba o seu profesor, coa consecuente "limitación da súa capacidade para resistirse do que se valeu o mesmo para cometer os feitos". Destaca sobre as vítimas, e en relación ao momento en que se produciron os feitos, que sentiron "moita incomodidade, inseguridade, desconcentración, tensión e impotencia". "Sen que conste que lles resten secuelas psíquicas", engade o fallo.

NON ENTRARÁ NO CÁRCERE

Polos feitos considerados probados, o acusado foi condenado a penas de multa fronte á de prisión xa que se valora que "carece de antecedentes penais" e "os feitos, aínda que reprobables, non revestiron unha especial gravidade". Así mesmo, deberá pagar indemnizacións ás vítimas por "dano moral".

Fronte ás peticións de condena de Fiscalía e acusación particular, a defensa, no xuízo, pediu a libre absolución do seu cliente ou, subsidiariamente, a cualificación dos feitos como constitutivos de vexacións inxustas. Na súa declaración, o home negou ter acaraciado ás alumnas ou realizado outro tipo de tocamento, aínda que admitiu nalgún caso tocarlles as costas. Isto atribuíuno a un "xesto habitual" seu ou a que era "bastante tocón".

Xulgados do Penal da Coruña.
Xulgados do Penal da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta