Xosé Filgueira Valverde, elixido para as Letras Galegas 2015

Impúxose a Xela Arias, Ricardo Carvalho Calero, Celestino Fernández de la Vega e Manuel María. A súa vida política foi polémica xa que participou con cargos nos gobernos de Franco.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 05/07/2014 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

O escritor e historiador Xosé Filgueira Valverde será o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas en 2015.

Filgueira Valverde lendo un discurso
Filgueira Valverde lendo un discurso

 

Así o decidiu o pleno da Real Academia Galega (RAG) tras analizar as distintas propostas que estaban enriba da mesa. De feito, Valverde impúxose a Xela Arias, Ricardo Carvalho Calero, Celestino Fernández de la Vega e Manuel María.

 

O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, destacou do elixido a súa traxectoria como polígrafo, que foi un importante prosista e que fixo interesantes incursións no ámbito da poesía.

Filgueira Valverde (dereita), xunto a Del Riego e Piñeiro
Filgueira Valverde (dereita), xunto a Del Riego e Piñeiro

Traxectoria

Xosé Fernando Filgueira Valverde, naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finou na mesma vila o 13 de setembro de 1996. Ten abundante produción literaria e humanística. Foi un importante activista cultural e político. De feito, a súa traxectoria política foi criticada por ter rachado cos partidos da esquerda e ter participado con cargos nos gobernos de Franco.

 

Desde moi novo estivo involucrado en toda sorte de proxectos culturais. En 1923 -con só 17 anos- funda, xunto con Lois Tobío e Fermín Bouza Brey, o Seminario de Estudos Galegos onde dirixiu a sección de Historia da Literatura ata 1936. Anos despois dirixiría o Instituto Padre Sarmiento.

 

Participou na creación do Museo Provincial de Pontevedra en 1927, do que foi secretario ata 1942, ano no que se converte no seu director, mantendo a colaboración co Museo ata a fin dos seus días. Tamén chegou a dirixir a casa Museo de Rosalía de Castro.

 

Participou sempre do galeguismo, sendo membro desde os comezos do Partido Galeguista. En maio de 1935 encabeza un grupo de militantes deste partido en Pontevedra que abandonan o partido como protesta pola política de pactos coa esquerda, organizando a Dereita Galeguista. Cando se produciu o golpe militar contra a República apoiou os insurxentes con proclamas na radio e, posteriormente, ocuparía cargos públicos no franquismo como alcalde de Pontevedra entre 1959 e 1968, procurador en Cortes e, xa na democracia, como conselleiro de Cultura en 1982 e 1983.

 

Como alcalde de Pontevedra estimulou a acción cultural e promoveu numerosas medidas dirixidas á conservación do conxunto histórico e monumental de Pontevedra. Tamén foi durante ese período cando se permitiu a instalación da papeleira de Pontevedra, da empresa ENCE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

17 Xosé Marcelino Romeu Herbón

Cago en cristo negro! PP*TA ESPAÑA FACHA, P*TA GALIZA ESPPAÑOLIZADA"

16 PEPIÑO Ó TOLO

Xa hai tempo que teñen denunciado a existencia de SECTAS que están a facer moito daño a NOSA TERRA, é que están financiadas inclusive pola XUNTA DE GALICIA, con importantes subvencións, que dominan varios sectores xa, dado que as SECTAS, como ben deben conocer van minando para facerse con poder económico é político, pois na RAG, xa parece ser que ó teñen, neste caso, cando elexin ó seu CANDIDATO FILGUEIRA VALVERDE, ainda que nun principio era ó de MONDARIZ BALNEARIO, xa que precisamente levaron a RAG, aló para elo, vostedes poden estar atentos, porque darán moito que falar, xa ó deron, pero como parece que vostedes non se enteran, salvo cando ocurren estas COUSIÑAS, cando non teña remedio, é cheguen a XUNTA, onde xa están de algún xeito, entón tiráranse todos dos pelos.

15 El coño de la Bernarda

s irrelevante: 1) Que denegase ayuda que le pidió la familia de Bóveda para evitar su ejecución. 2) Que al comenzar el alzamiento nacional lo apoyase por la radio. 3) Que la obra de Castelao se incautase en el Museo de Pontevedra que dirigía. 4) Ser procurador en Cortes. 5) Su participación en el homenaje a Franco celebrado en Burgos con motivo de los 25 años de paz. 6) Ser alcalde de Pontevedra durante el franquismo, etc.

14 El coño de la bernarda

Lo de José es ahora, pero le llamaban D. José. Fue la figura más destacada en la cultura de Pontevedra durante el franquismo. Alguien me contó que tenía una memoria prodigiosa siendo capaz de señalar la estantería y la página de un libro en el que aparecía un texto. Los reintegratas y troup de la memoria histórica se van a poner como la niña del exorcista, pero supongo que como la gente no los quiere, tampoco importa mucho.

13 ortopedia da 3 pata

MONTEIRO: nemigo do galego e farisaico comunista- de adoración monarquica e aqui onde remata o comunisteiro republicanista de monteiro, cala macho estas superando o ferruxe en baixeza e en miseria moral, agora soamente tes que andar colocando a parentela... outra delincuencia mais do comunismo expañol na Galiza