A Deputación da Coruña realiza traballos de mellora en Camariñas e Boimorto

Segundo informa, no caso de Camariñas trátase dun proxecto valorado en 102.266,95 euros, a través dunhas actuacións financiadas pola Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas.

Por E.P. | A CORUÑA | 16/05/2022 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña acomete obras de renovación da rede principal de abastecimieno de auga de Camariñas, xunto a actuacións en Boimorto para acondicionar o parque público da Gándara.

Segundo informa, no caso de Camariñas trátase dun proxecto valorado en 102.266,95 euros, a través dunhas actuacións financiadas pola Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas.

No caso de Boimorto, o organismo provincial e o concello destinan 89.998 euros para acondicionar o parque público da Gándara. As tarefas permitirán instalar novos xogos infantís e renovar pavimentos e servizos.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso,en rolda de prensa. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso,en rolda de prensa. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta