Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2022 | Actualizada ás 20:43
A Deputación de Ourense presentou a convocatoria extraordinaria dos Plans de Sostenibilidade Turística en Destino (PSTD), dentro da sección do Plan Nacional de Enogastronomía --financiada con fondos Next Generation--, un proxecto titulado 'Plan de sostibilidade Enogastronómico da Provincia de Ourense - EnOUturismo' para potenciar o sector.
Segundo detallou a Deputación, este plan, por valor de 4.431.081 de euros, contempla 20 actuacións distribuídas en catro eixos programáticos: transición verde e sustentable; mellora da eficiencia enerxética; transición dixital e competitividade. Así mesmo, concretou que o obxectivo desta candidatura, estruturada a través do Inorde, é "liderar, desde unha visión integral de provincia, a transformación competitiva do sector enogastroturístico".
Nesta mesma nota de prensa, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, resaltou a concepción integral deste proxecto: "Contempla a toda a provincia, beneficiando a todas as empresas e persoas que traballan en Ourense no enogastroturismo para potenciar un sector chave para o futuro da nosa economía". Ademais, Baltar resaltou o traballo realizado para confeccionar este plan e lembrou que a súa obtención suporía contar cun novo Plan de Sostenibilidade Turística en Destino.
Nesta mesma liña, a Deputación sinalou que as actuacións do Plan EnOUturismo están orientadas a fomentar esta transformación competitiva, contemplando máis dun millón de euros en liñas de axuda que irían directamente ao sector privado para adaptar a súa oferta ou infraestrutura de modo que lles permita crear experiencias turísticas e completar a actividade tanto de adegas como doutras explotacións agrícolas ou gandeiras coa recepción de visitantes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.