Os expertos prevén que o PIB galego medre por baixo da media estatal

Funcas apunta a un incremento do 3'8% .

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2022 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

Funcas prevé que o PIB de Galicia creza un 3,8% este ano en comparación con 2021, por baixo da media estatal do 4,2%, segundo as súas estimacións actualizadas publicadas este luns. A pesar diso, este crecemento do 3,8% sumado ao 5,1% de 2021 situará a Galicia no grupo de comunidades que "máis preto se atoparán do nivel de PIB previo á pandemia".

Pola súa banda, taxa de paro baixará ao 10,3% en 2022, un resultado que mellora significativamente a media estatl, despois de subir ao 12% o ano pasado. Como factores negativos para a comunidade galega, pesan o alto consumo enerxético, unha taxa de inflación máis elevada e un peso notable do sector do automóbil, con importantes problemas de subministración.

En 2020, o PIB de Galicia decreceu un 9,1%, por baixo da media estatal grazas fundamentalmente á menor caída do sector servizos polo menor peso do turismo internacional no seu PIB e por un comportamento menos negativo deste, cun menor descenso no número de turistas recibidos e no número de pernoctacións.

Varios peregrinos camiñan coa súa bicicleta pola Rua do Franco de Santiago. César Arxina - Europa Press
Varios peregrinos camiñan coa súa bicicleta pola Rua do Franco de Santiago. César Arxina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta