Baltar, satisfeito polas novas incorporacións ourensás á dirección do PP: "Referendan o noso peso"

Por E.P. | OURENSE | 23/05/2022 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense e líder provincial dos populares, Manuel Baltar, expresou a súa satisfacción polas novas incorporacións ourensás ao organigrama da dirección estatal do PP.

O Comité Executivo que dirixe Alberto Núñez Feijóo nomeou á deputada no Congreso Ana Vázquez como responsable da Secretaría de Interior, e a Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración da Xunta, responsable da área do PP exterior.

Baltar destacou nun comunicado que estes nomeamentos "referendan o peso" do PP de Ourense a nivel autonómico e estatal. Finalmente, resaltou que o esforzo e a dedicación dos militantes do PP de Ourense se traduce nunha dobre confianza: "no maioritario apoio nas urnas e cunha ampla representación nos órganos de dirección do PP".

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, en rolda de prensa este mércores. ALBERTE PAZ/DEPUTACIÓN DE OURENSE / Europa Press
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, en rolda de prensa este mércores. ALBERTE PAZ/DEPUTACIÓN DE OURENSE / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta