O "estilo Rueda" con Formoso e Pontón: boas caras pero pouca concreción

A distancia coa oposición segue na etapa Rueda. O presidente recibiu a Pontón e Formoso ao 'estilo Moncloa', no exterior de San Caetano, e debateron nunha mesa de traballo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2022 | Actualizada ás 22:27

Comparte esta noticia

Os primeiros encontros do novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cos líderes de BNG, Ana Pontón, e PSdeG, Valentín González Formoso, serviron para ratificar, como verbalizaron os propios líderes á saída, que a distancia entre os modelos do Goberno galego e dos partidos da oposición mantéñense a pesar da marcha de Alberto Núñez Feijóo para liderar o PP estatal.

En todo caso, o mandatario autonómico, que aspira a fixar o seu propio 'estilo Rueda', si incorporou algúns cambios nas formas deste tipo de cumes, en relación ao seu antecesor. Optou por recibir a Pontón e a Formoso no exterior do complexo administrativo de San Caetano e, no canto de debater as propostas nos sofás do despacho do presidente, as reunións tiveron lugar nunha mesa de traballo.

Pero máis aló das formas, o propio Rueda admitiu que non se pecharon acordos concretos, como previamente verbalizaran Pontón e Formoso. Así, constatou "coincidencia en canto á preocupación por estes temas" e deu por conseguido "o apoio" puntual de ambos os dirixentes, ou dun ou outro con maior ou menor intensidade en función do asunto, nalgunhas demandas que ten en carteira para a reunión con Pedro Sánchez, aínda pendente.

Por exemplo, con respecto ás convocatorias MIR destacou o respaldo de Pontón e Formoso, mentres que percibiu con maior intesidade o "apoio" de Formoso con respecto a lograr respaldo dos Next para desenvolver os proxectos tractores pendentes en Galicia, e a proximidade de Pontón en demandas de competencias como a de costas ou o traspaso da AP-9.

Iso si, constatou tamén que "non" deron importancia ás infraestruturas pendentes --por exemplo a extensión da alta velocidade ás principais cidades, para o que resulta imprescindible a chegada dos trens Avril, comprometida para xuño--. "E tena", contrapuxo.

Os seus rivais políticos, a pesar de que recoñeceron que apoian estas cuestións, puxeron máis o foco nas visións contrapostas e nos distintos modelos de cada formación nos asuntos que son exclusivamente de competencia autonómica.

PONTÓN PREGÚNTASE: "PARA QUE NOS CONVOCOU?"

O encontro coa líder do principal partido da oposición parlamentaria en Galicia, o BNG, foi o segundo --primeiro tivo lugar a cita co seu homólogo socialista-- e prolongouse durante unha hora e media. Pero á saída, Pontón, que levaba unha serie de propostas en carteira sobre diversos asuntos, ratificou a ausencia de acordos.

"Despois de 90 minutos de reunión, saio preguntándome para que nos convoca a unha cita na que non quere chegar a acordos en asuntos da súa competencia", admitiu a nacionalista, antes de advertir de que se o presidente "quería unha foto, tena", pero os galegos, lamentou, "non terán" solución aos seus problemas "por parte da Xunta".

De feito, Pontón afeou que Rueda puxo encima da mesa "xeneralidades" e situou como lóxico, sen dar demasiada relevancia, o seu apoio a determinadas cuestións que o presidente puxo sobre a mesa: o BNG, remarcou, "sempre vai estar en defensa dos intereses de Galicia, goberne quen goberne en Madrid".

"PUNTOS DE DESACORDO IMPORTANTES"

Pola súa banda, tras hora e cuarto dun encontro que arrincou puntual, ás 17,00 horas, o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, lamentou a existencia de "puntos de desacordo importantes" en ámbitos que, na súa opinión, deben ser "esenciais" como a sanidade.

Nunha cita "cordial" pero non todo o produtiva "que desexase", Formoso destacou que só observou "achegamentos" en cuestións como a necesidade de que o Estado permita unha maior facilidade para realizar convocatorias extraordinarias de prazas MIR e en materia de fondos europeos. Pero mesmo neste punto, o socialista advertiu: "A Xunta non puiden estar nun 'simpa' permanente co Estado e os galegos".

Nesta conxuntura, volveu enumerar as propostas que os socialistas queren impulsar fronte ao "colapso" sanitario, o modelo de residencias e no ámbito económico, e lamentou que, unha vez máis, constatouse que o Goberno que encabeza Rueda e os socialistas manteñen "unha visión moi distinta de Galicia".Aínda así, deixou a porta aberta a poder dar algún outro paso adiante, sentadas as bases do diálogo, noutros foros como o parlamentario.

Rueda recibe aos líderes de BNG, Ana Pontón, e PSdeG, Valentín González Formoso.. ÁLVARO BALLESTEROS/EUROPA PRESS / Europa Press
Rueda recibe aos líderes de BNG, Ana Pontón, e PSdeG, Valentín González Formoso.. ÁLVARO BALLESTEROS/EUROPA PRESS / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta