Atopan morto un home flotando nas inmediacións do faro de Meirás, en Valdoviño

Era veciño de Narón e denunciouse a súa desaparición na mañá deste xoves en Ferrol.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/06/2022 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

O corpo dun home foi atopado flotando este xoves nas inmediacións do faro de Meirás, no municipio coruñés de Valdoviño. Segundo fontes próximas á investigación, trátase dun home de Narón, cuxa desaparición se denunciou esta mañá de xoves en Ferrol.

Punta Frouxeira, en Meirás, concello de Valdoviño
Punta Frouxeira, en Meirás, concello de Valdoviño | Fonte: Xunta de Galicia.

As primeiras hipóteses apuntan a que "se puido precipitar accidentalmente ao mar no seu vehículo", que se atopaba nunhas rochas próximas á auga, cunha caída duns 50 metros de altura.

Precisamente, segundo informa o 112 Galicia, atopouse un vehículo "encaixado no cantil". Bombeiros de Ferrol inspeccionárono e comprobaron que non se atopaba ningunha persoa máis.

O cadáver foi recuperado por un helicóptero de Salvamento Marítimo e levado a terra. As forzas da orde investigan as circunstancias que rodean este suceso.

Foron avisados, entre outros, Garda Civil, Policía Local, Protección Civil de Valdoviño, 061, Gardacostas e bombeiros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta